A Fundación Amedis, de novo, en colaboración co Concello de Vigo, presenta o Programa TIC 2024, unha iniciativa destinada a mellorar a autonomía persoal e a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade a través do uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
O programa, que se desenvolve en Pontevedra, está dirixido a persoas con Discapacidade Intelectual e outros trastornos do desenvolvemento. Os contidos que se traballan inclúen informática básica, manexo de dispositivos electrónicos (ordenadores, tabletas, teléfonos móbiles), uso de redes sociais e internet, e formación en ofimática (Word, Excel, PowerPoint). Tamén abordan o uso de aplicacións para comunicación e mobilidade urbana, xestión de correos electrónicos, e seguridade na rede.
Mediante estas ferramentas e dispositivos adaptados para persoas con discapacidades visuais, motoras e cognitivas, o programa busca eliminar barreiras e facilitar o acceso ao coñecemento. A Fundación ofrece unha metodoloxía individualizada para garantir que cada participante acceda ás tecnoloxías e mellore as súas competencias.
O Programa TIC 2024 continuará durante todo o ano, con 400 horas anuais de formación distribuídas en 10 horas semanais, ofrecendo clases presenciais e materiais especializados.